Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xavi estréase cun derbi como novo adestrador do Barça

Xavi estréase cun derbi como novo adestrador do Barça

G24.gal 20/11/2021 13:00

Hoxe Xavi debuta no banco do Barcelona. Farao con baixas sensibles, como a de Pedri, máis longa do que contaba. Pero Xavi está tranquilo.

"Eu xa son así. Estou menos nervioso que cando era futbolista", explicou en sala de prensa.

A estrea como técnico chega nun derbi. Nada mellor para quen busca revolucionar as bases do equipo. A mensaxe está clara.

"Enerxía positiva. Que vexan eles que somos o Barça, que teñen talento e que non é a posición que merecen. O Barcelona ten que pelexar por títulos."

E para forzar o cambio, Xavi ten un método.

"Somos unha piña, unha familia.  Non fai falta berrar nin ser un sarxento. Xa o dixen na presentación, cando tivemos normas foinos ben. É un tema de orden, de grupo, de ser familia, de actitude, de respeto, de sacrificio, deses valores que non poden faltar nun equipo e moito menos no Barcelona", suliñou.

Di o novo adestrador que é tempo de mirar para adiante: "Non sei como se traballaba antes e tampouco me interesa". E que para avanzar é necesario que o Camp Nou volva encherse.

"Somos o Barça e temos que estar moi unidos. Con que estean tan entregados como o dia da miña presentación, abonda."

Xavi garantiza compromiso: "Eu son do Barça e iso non mo van quitar. Sendo culé de toda a vida vou deixar a vida para que isto funcione. Voulles transmitir aos xogadores que somos o Barça e que temos que dar máis do cen por cento".

Na súa etapa como xogador azulgrá, o Espanyol foi o equipo ao que máis veces derrotou. 25 vitorias en 36 partidos. Veremos como sae o primeiro duelo da súa etapa como adestrador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar