Xoán Carlos I consolida co Bribón o liderado do Trofeo Turismo de Galicia
Xoán Carlos I consolida co Bribón o liderado do Trofeo Turismo de Galicia
O rei emérito participa na cuarta serie da liga de seis metros que se disputa en Sanxenxo
O Bribón, con Xoán Carlos I a bordo, afianzou o seu liderado no Trofeo Turismo de Galicia despois de asinar un terceiro e un primeiro postos nas dúas probas disputadas este sábado.
Estes resultados permítenlle aumentar a súa vantaxe na xeral ata os cinco puntos sobre o Titia de Mauricio Sánchez-Bela, que escala unha posición na clasificación provisional grazas á súa regularidade cun segundo e un cuarto postos.
O gran prexudicado desta segunda xornada foi o Aida do RCN da Coruña que, con dous quintos postos, vese relegado á terceira posición empatado co Ian de Cesar Elizaga.
O mellor barco da xornada foi o Alibaba II de Miguel Lago, que cun segundo e un primeiro postos ameaza, para a xornada deste domingo, tanto o Aida como o Ian na súa disputa por unha das prazas do podio, situándose a só tres puntos de bronce.
Hai case un mes, o rei emérito estivo en Sanxenxo pero non puido navegar por mor do mal tempo. Nesta ocasión, exerceu de patrón grazas ao bo estado da mar.