Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de extrema violencia en Ecuador con máis de 70 detidos

Xornada de extrema violencia en Ecuador con máis de 70 detidos

O goberno declara o "conflito armado interno" mentres a violencia toma a rúa

Identifican vinte grupos de narcotraficantes como terroristas

Significativos ataques á televisión e a espazos públicos e privados

 

G24.gal 10/01/2024 08:59

Armados con escopetas, granadas, metralladoras, cartuchos de dinamita... varios homes entraron á forza no plató da televisión pública en Guayaquil, durante a emisión dun informativo. A policía detivo trece persoas por estes feitos. Foi o exemplo máis representativo da onda de violencia que sacode Ecuador, en que tamén houbo coches bomba, secuestros de policías, asaltos a edificios, ataques a civís.

Ocorre o día despois de que se declarase o estado de excepción. Estaba motivado por varios motíns en centros peniteciarios e fugas de presos, entre eles dous relevantes traficantes que operan para cárteles de Sinaloa e Xalisco. Os primeiros datos de vítimas eran dunha decena de mortos, incluídos dous policías.

O presidente Daniel Noboa emitiu un decreto en que identificaba vinte bandas de narcotraficantes como grupos terroristas e autorizaba o exército a, literalmente, neutralizar esas faccións criminais. Declarouse o que chaman conflito armado interno. 

Os países da contorna miran con preocupación os seus veciños. Colombia, Panamá, Venezuela, A Arxentina... expresaron a súa solidariedade, O Perú declarou o estado de emerxencia na fronteira. Os EUA ofreceron a súa axuda. Organismos internacionais tamén condenaron esta vaga de violencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade