Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os participantes nos altercados antes do Depor-Málaga enfrontan sancións de entre 1.500 e 3.000 euros

Os participantes nos altercados antes do Depor-Málaga enfrontan sancións de entre 1.500 e 3.000 euros

A Policía Nacional ampliou a 16 as persoas con "sanción" polas liortas na Coruña polo partido do 6 de outubro

Houbo dous detidos e 14 detidos polos actos violentos na cidade

Seareiros do Málaga na chegada a Riazor custodiados pola policía antes do Depor-Málaga Seareiros do Málaga na chegada a Riazor custodiados pola policía antes do Depor-Málaga
G24.gal 20/10/2024 19:51

A Policía Nacional propuxo sancións de entre 1.500 e 3.000 euros para os dous detidos e os 14 identificados polos altercados antes do partido da liga Hypermotion que enfrontou o domingo pasado 6 de outubro ao R. C. Deportivo e ao Málaga C. F. no estadio de Riazor.

Tal e como explicou o corpo policial nunha nota de prensa, o valor total das sancións ascende polo momento a máis de 30.000 euros.

Ademais, todas elas implicarían a prohibición de acceso aos recintos deportivos por un período entre 1 e 6 meses. Ata o momento, detallou a Policía, foron dúas as persoas detidas e 14 as identificadas como responsables dos altercados e propostas para sanción en aplicación ao disposto na Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte.

Entre os identificados e propostos para sanción atópanse tanto seareiros do Dépor coma do Málaga.

A Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte, dependente de Interior decidirá as multas que se apliquen.

Mentres, os grupos de investigación adscritos á Comisaría Provincial da Coruña continúan coas xestións pertinentes para a identificación de máis responsables e non desbotan novas actuacións policiais nos próximos días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade