Cargando resultados...
A policía investiga a morte dunha muller de 45 anos nun piso dedicado á prostitución en Madrid
A policía investiga a morte dunha muller de 45 anos nun piso dedicado á prostitución en Madrid
Buscan o home que estaba con ela e que fuxiu
Á espera da autopsia, a vítima presentaba signos de asfixia
G24.gal
15/10/2024 20:19
Última actualización 15/10/2024 20:27
A policía localizou o cadáver dunha muller de 45 anos na habitación dun piso que se utilizaba para a prostitución no centro de Madrid.
Segundo as primeiras investigacións, a muller puido morrer por asfixia. O home que estaba con ela fuxiu e deixouna morta.
Á espera dos resultados da autopsia, a Policía Nacional fíxose cargo da investigación para determinar as circunstancias da morte e se se trata dun novo caso de violencia machista.