Cargando resultados...
Xornada desapracible no mar e en terra
Xornada desapracible no mar e en terra
Hai un aviso laranxa por mar de fondo e dous amarelos por forte vento e acumulados de chuvia
G24.gal
23/03/2023 15:07
Boa parte da frota está amarrada a porto por mor do temportal costeiro. E é que hai activado un aviso laranxa por mar combinado, fundamentalmente polas ondas que arrastra o mar de fondo. E vai continuar ao longo de toda a madrugada.
Xornada complicada tamén en terra. Hai un aviso amarelo por fortes refachos de vento que poderán acadar os 80 quilómetros por hora.
E outro aviso do mesmo nivel por acumulados que poden superar os 40 litros por metro cadrado en doce horas na Costa da Morte, por exemplo.
Unha situación que se vai estender nas próximas horas porque o aviso por vento estará activado ata a última hora da tarde e o de chuvia ata a medianoite.