Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada solleira e con temperaturas altas que permitiron gozar dun día de praia

Xornada solleira e con temperaturas altas que permitiron gozar dun día de praia

Nalgunhas zonas do sur de Galicia superáronse os 30 graos

O sol e a calor invitaban a achegarse aos areais para pasear, tomar o sol ou gozar dun baño refrescante

G24.gal 03/08/2024 20:05

Moitas festas e moitas propostas nestas fins de semana de agosto. E con este bo tempo, o primeiro sábado de agosto, anticiclónico e con temperaturas altas que permitiron gozar dunha xornada de praia. 

Este día solleiro deixábanos imaxes coma esta do areal do Vao, en Vigo, ateigado de xente. Pola mañá os termómetros rozaban os 27 graos nas vilas costeiras, subindo pola tarde e superando nalgúns casos os 30 graos, sobre todo no sur de Galicia.

O sol e a calor invitaban a pasar o día realizando actividades ao aire libre e a achegarse ás praias para pasear, tomar o sol ou gozar dun baño refrescante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade