Xosé Durán, presentado como o novo adestrador do Bergantiños
Xosé Durán, presentado como o novo adestrador do Bergantiños
O exadestrador do Lugo tentará mudar a situación dun equipo que está a sete puntos da permanencia
A rei morto, rei posto. Marchou Lemos e xa exerce como novo adestrador do Bergantiños Xosé Durán. O exadestrador do Lugo terá o difícil reto de conseguir a permanencia. Para iso ten por diante unha volta completa (17 partidos) en que buscará enxugar os sete puntos que ten de distancia cos postos de salvación.
Unha misión difícil, "pero non imposible", segundo Durán, que sabe que o proceso vai ser "a longo prazo".
Xosé Durán foi un clásico nas últimas temporadas do filial do Lugo, co que conseguiu o ascenso a Terceira e o asentou nesa categoría. Tamén tivo unha pequena incursión como adestrador do primeiro equipo na temporada 2015-16. A súa última experiencia antes de chegar a Carballo foi na Terceira División de Bélxica, onde dirixiu o Rupel Boom.