Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xunta e empresarios do transporte de viaxeiros por estrada buscan solucións aos picos de sobredemanda

Xunta e empresarios do transporte de viaxeiros por estrada buscan solucións aos picos de sobredemanda

A cifra de vixeiros/día chegou este mes aos 157.0000

G24.gal 26/09/2023 15:07

O transporte de viaxeiros por estrada en Galicia medrou un 18 % desde o inicio de ano, debido en boa medida ás bonificacións que teñen os usuarios. O incremento é tan notable que, puntualmente, as empresas de transporte ata teñen problemas para ofrecer prazas. 

Un deses momentos de sobredemanda foi o venres 11 de setembro, cadrando co inicio do curso escolar. En Galicia houbo que fretar 200 servizos adicionais para atender os viaxeiros. Ante situacións coma esta os representantes do sector pedíronlle á Consellería de Infraestruturas unha flexibilización dos procedementos administrativos.

Ethel Vázquez díxolles que cómpre mellorar os sistemas de planificación de reservas. Ademais, instou a Renfe a reforzar o seu servizo en Galicia.

 "Estamos a constatar un transvasamento de usuarios do tren ao autobús. Estamos a falar de marcas de ata 157.000 viaxeiros/día", dixo a conselleira, Ethel Vázquez.

 "O sistema cos medios que ten está a facer un esforzo extraordinario. Un día a xente decide que vai á praia e ese día saen 70 ou 100 buses, e ao día seguinte ningún", declarou José García Cumprido, presidente da Federación Galega de Transporte de Viaxeiros, Transgacar.

Os transportistas trasladaron estas dificultades na xuntanza de hoxe cos responsables de Mobilidade da Xunta de Galicia; e explicaron que os déficits económicos que arrastran e a carencia de man de obra fan precisa unha flexibilización dos sistemas de explotación. 

"E tamén temos que pedirlle aos cidadáns que sexan quen de programar e reservar, e tamén de saber que non todos poden viaxar en hora punta", engadiu García Cumprido.

A conselleira faloulles da necesidade de perfeccionar os métodos de reserva para coñecer con axilidade os datos de incremento de demanda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos