Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xunta e oposición recláman ao Goberno pola dotación ferroviaria en Galicia

Xunta e oposición recláman ao Goberno pola dotación ferroviaria en Galicia

PP e BNG anuncian medidas de presión ao Executivo pola falta de trens e a falta de descontos nos Avant

G24.gal 15/07/2022 17:30 Última actualización 15/07/2022 17:46

O presidente da Xunta pídelle ao Goberno que aclare cando van estar operativos os trens Avril, que conectarán Vigo, A Coruña ou Santiago por alta velocidade.

Alfonso Rueda di que os viaxeiros e profesionais do turismo necesitan certezas nun momento de alta afluencia de visitantes a Galicia polo Xacobeo.

 Tamén a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de “inaceptable” que os trens de media distancia de alta velocidade Avant queden excluidos da bonificación anunciada polo Goberno. 

Pontón considera unha dobre discriminación a Galciia que non se apliquen descontos aos trens que operan entre A Coruña, Santiago y Ourense e que moitos cidadáns utilizan a diario para ir traballar ou estudar.

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso para que se modifique esta situación e anunciou tamén unha ofensiva política noutros ámbitos para presionar o Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade