Xunta e transportistas urxen unha solución completa para a A-6 en Pedrafita
Xunta e transportistas urxen unha solución completa para a A-6 en Pedrafita
Transportistas piden cambios nos desvíos para camións e a construción en paralelo dos dous viadutos
A Xunta convocará axudas para crear zonas de descanso para transportistas
Case un ano despois da caída da ponte na Autovía os condutores, incluídos os camioneiros, sofren os problemas que supón ter que atravesar o centro da vila para sortear o treito cortado. Os transportistas lembran que mesmo houbo accidentes e critican a lentitude da reconstrución.
Por iso transmitíronlle a súa preocupación á conselleira de Infraestruturas. Ethel Vázquez reclama a construción en paralelo dos viadutos correspondentes a cada sentido da circulación. O de Pedrafita, dixo, é o mellor exemplo do mal estado das estradas estatais en Galicia.
Nesta xuntanza, a conselleira amosou o compromiso da Xunta cos transportistas acordando a convocatoria de axudas para dotar as áreas de servizo de espazos de descanso para os camioneiros.