Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz compromete novas subas do salario mínimo se se reedita o goberno de coalición

Yolanda Díaz compromete novas subas do salario mínimo se se reedita o goberno de coalición

A vicepresidenta segunda en funcións inaugurou o cumio europeo de traballo e diálogo social que se celebra en Santiago

Debaterase sobre a regulación do teletraballo, do dereito á desconexión ou da directiva do comité de empresa europeo

G24.gal 21/09/2023 20:08 Última actualización 21/09/2023 20:32

Arrancou en Santiago o cumio europeo de emprego, enmarcado dentro da presidencia española do Consello.

Os ministros europeos de Traballo traen na axenda a necesidade de reformar e impulsar a directiva do comité de empresa europeo, de regular o dereito á desconexión e ao teletraballo, ou de conseguir que a intelexencia artificial non anule os traballadores.

Tamén a mellora das retribucións. A vicepresidenta segunda en funcións comprometeu unha nova suba do salario mínimo en España se se reedita o goberno de coalición.

"O salario medio en España é de 1.500 euros, e é moi difícil vivir con 1.500 euros. Así que seguiremos facendo da política social a mellor ferramenta para cambiar a vida dos españois", di Yolanda Díaz.

Os representantes europeos abordarán con sindicatos e empresarios o reto da transición cara a un novo mercado laboral moito máis tecnolóxico e competitivo, onde o diálogo social se volve, din, imprescindible. 

Nicolas Schmit, comisario europeo de Emprego, di: "A transición en que estamos traballando ten que ser unha transición xusta. Hai persoas que teñen que aprender novos empregos, pero nunca podemos deixalos abandonados".

O cumio continuará este venres con reunións bilaterais e mesas de traballo das que agardan que saian compromisos concretos para mellorar o futuro do emprego en Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade