Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz propón que o salario mínimo suba 50 euros en 2025, ata 1.184 euros ao mes

Yolanda Díaz propón que o salario mínimo suba 50 euros en 2025, ata 1.184 euros ao mes

"Nada me gustaría máis que a patronal se sumase. Se hai acordo serei flexible", afirma a vicepresidenta segunda

G24.gal 12/01/2025 11:23

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, proporá este mércores aos axentes sociais unha suba do salario mínimo de 50 euros (do 4,4 %), co que este chegaría aos 1.184 euros mensuais, con catorce pagas, segundo confirma nunha entrevista no xornal La Vanguardia.

Trátase da opción máis elevada que expuñan os expertos, que aconsellan unha alza do 3,4 % ou do 4,4 % para 2025, en función de dous métodos diferentes de cálculo, é dicir, incrementar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) en 39 ou en 50 euros brutos mensuais, co que subiría a 1.173 euros ou a 1.184 euros brutos mensuais.

Díaz promete ademais flexibilidade á patronal se se suma ao acordo: "Nada me gustaría máis que a patronal se sumase. Se hai acordo serei flexible", afirma.

Despois duns días nos que protagonizou un enfrontamento público coa área socialista do Goberno pola redución da xornada laboral, a ministra redobra na entrevista as súas acusacións ao PSOE por incumprir acordos e tentar bloquear a medida e advirte de que esta manobra está a xerar unha "crise de confianza" na cidadanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade