Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz quere que os bolseiros cobren un soldo e coticen para o paro

Yolanda Díaz quere que os bolseiros cobren un soldo e coticen para o paro

A vicepresidenta negocia cos axentes sociais o futuro estatuto do bolseiro

Tamén propón limitar o número dos bolseiros segundo o tamaño da empresa

 

Yolanda Díaz, ministra de Traballo e vicepresidenta segunda do Goberno. Imaxe de arquivo Yolanda Díaz, ministra de Traballo e vicepresidenta segunda do Goberno. Imaxe de arquivo
G24.gal 06/05/2022 17:26 Última actualización 06/05/2022 20:04

O Goberno estuda que os bolseiros das empresas poidan cotizar para xerar dereitos a cobrar unha prestación por desemprego.

A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz,  confirmou este venres que a mesa de diálogo social está negociando o futuro estatuto do bolseiro.

"Gustaríanos que durante o tempo que estea unha persoa en período de formación en empresa sexa susceptible de xerar dereitos a efectos de protección por desemprego. Estamos en debate no diálogo social e deixo traballar a mesa, pero si, gustaríame que poidan cotizar por iso", dixo Díaz.

Así mesmo, a ministra deixou claro que estes mozos deben ser compensados polos gastos nos que incorran por ir traballar, do mesmo xeito que se determinou na regulación do teletraballo. "Non se pode pagar por facer prácticas", engadiu.

O Goberno tamén propón limitar o número de persoas que poden realizar prácticas segundo o tamaño da empresa: dende un bolseiro nas que teñan ata dez empregados a un tope do 5 % do persoal nas de máis de 60.

A proposta fixa tamén a compensación de gastos, recolle o dereito a unha xornada e horario e os mesmos servizos e protección que o resto do persoal, entre outros puntos.

Esta proposta trasladouse xa a patronal e sindicatos para que se poida debater na próxima reunión do luns 23 de maio. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade