Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz: "Unha moción de censura sen ideas supón deteriorar a democracia"

Yolanda Díaz: "Unha moción de censura sen ideas supón deteriorar a democracia"

Ione Belarra ve na moción unha "oportunidade" para que o PSOE "volva mirar cara á esquerda"
                
 

G24.gal 19/03/2023 14:59 Última actualización 19/03/2023 15:15

A ministra de Dereitos Sociais e secretaria xeral de Podemos sinalou que a moción de censura presentada por Vox está condenada ao fracaso e é unha fake. Ione Belarra ve nesta moción unha "oportunidade para que o PSOE mire -dixo- novamente á esquerda".

"Pensamos que é unha oportunidade para que o Partido Socialista volva mirar cara á esquerda, volva mirar á maioría da investidura, que por certo é a que nos permitiu lograr todos eses avances dos que agora o PSOE saca peito en campaña: as subas do salario mínimo, a reforma laboral, a reforma das pensións, polo que é, como dicía, unha boa oportunidade para que o Partido Socialista mira cara á esquerda", dixo Belarra.

A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, mentres participaba nun acto da plataforma Sumar, en Sevilla, advertiu da gravidade das condicións desta moción de censura por considerala unha "deterioración da democracia".

"O que imos vivir esta semana en España, ademais do natural interese, ten moita importancia porque cando se lexitima a posibilidade de acudir a un mecanismo constitucional, sen un programa político, sen ideas, sen nada, cun só obxectivo que é derrotar o teu adversario político e botalo do Goberno estamos, en galego diríase deturpando, deteriorando a democracia, e isto é moi serio", destacou Yolanda Díaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade