Zara eliminará as alarmas ríxidas de todas as pezas a final do ano que vén
Zara eliminará as alarmas ríxidas de todas as pezas a final do ano que vén
En 2025 compraremos case sen pasar por caixa e sen a necesidade de ter que quitar as alarmas
Desde hai tempo, Inditex vén sorprendendo os seus clientes con avances innovadores. Probadores intelixentes, espellos interactivos e puntos de recollida automáticos nas tendas son algúns exemplos.
Na súa carreira pola innovación, a compañía traballa nun novo modelo de compra coa eliminación das alarmas ríxidas e a súa substitución por un chip que se desactivará mediante radiofrecuencia.
Á hora de comprar non será necesario retirar a alarma, xa sexa nunha caixa atendida ou nunha de autocobro, polo que se reducirán tempos e custos co obxectivo de mellorar a experiencia de compra.
Inditex aposta pola fusión entre a venda física e a en liña e desprega un arsenal de recursos tecnolóxicos. Un modelo que cada trimestre lle permite bater récords de vendas.