Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zelenski négase a negociar co Kremlin en Belarús por ser "cómplice da invasión"

Zelenski négase a negociar co Kremlin en Belarús por ser "cómplice da invasión"

O Kremlin enviou unha delegación negociadora para establecer conversas con Ucraína

G24.gal 27/02/2022 09:06

O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, negouse este domingo a manter conversas con Rusia en Belarús, ao denunciar que o diálogo non se pode levar a cabo nun territorio que é cómplice da agresión rusa contra o seu país.

O Kremlin enviou unha delegación negociadora a Belarús para establecer conversas con representantes ucraínos, segundo declarou o voceiro da presidencia rusa, Dmitri Peskov.

"En correspondencia co acordo alcanzado, a delegación rusa, integrada por representantes dos ministerios de Exteriores, Defensa e outras entidades, incluíndo a Administración presidencial, chegou a Belarús para conversar cos ucraínos. Estamos listos para comezar as conversas en Gómel", anunciou o voceiro.

O envío da delegación desde Moscova chega no cuarto día de invasión rusa, que empezou na madrugada do xoves, con forzas do Kremlin que axexan Kiev e tomaron outras cidades, como Járkov, con 1,4 millóns de habitantes.

Este sábado Ucraína acusou a Rusia de querer levar unhas eventuais negociacións para deter a guerra a unha rúa cega antes de que empecen, ao afirmar falsamente que Kiev se nega a sentar á mesa para dialogar e poñer condicións ás conversas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade