Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zelenski ve insuficiente o límite da Unión Europea ao prezo do cru ruso

Zelenski ve insuficiente o límite da Unión Europea ao prezo do cru ruso

Di que Occidente vai ter que ser máis contundente para frear a Moscova

G24.gal 04/12/2022 14:04 Última actualización 04/12/2022 14:29

Volodimir Zelenski di que é cómodo para un estado terrorista o prezo límite que a Unión Europea, o G7 e Australia acordaron para o cru ruso. O presidente de Ucraína afirma que ao final Occidente vai ter que ser máis contundente para frear a Moscova e que é unha pena perder o tempo.

Un tempo en que a guerra segue adiante. Ucraína deu algún paso máis na reconquista dos territorios ocupados no sur, mentres Rusia trata de facerse con Bakhmut, no leste. En calquera paso, ningunha das partes está logrando avances importantes. O ritmo da contenda mantense lento.

A intelixencia dos Estados Unidos cre que continuará así uns meses pero que as partes intentarán contraofensivas en primavera. A directora do organismo asegura que son escépticos coas posibilidades para preparárense dos rusos. Ratifica que ven con máis optimismo as opcións das tropas ucraínas.

Mentres, a poboación civil non deixa de sufrir as consecuencias dos ataques. As autoridades din que agora hai máis de 500 localidades de oito rexións sen luz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade