Publicador de contidos

O Arenteiro mira cara a arriba tras vencer ao Cornellá (1-0)

O Arenteiro mira cara a arriba tras vencer ao Cornellá (1-0)

Os de Javi Rey acadan o seu cuarto partido sen perder

Un 'esquerdazo' decide o encontro no último tramo do partido

G24.gal 18/11/2023 21:38

Se o Espiñedo debía ser a clave da permanencia do Arenteiro, no Espiñedo comezan a suceder os éxitos.

O primeiro tempo fronte ao Cornellá do foi case de tenteo, cun rival que comezou incisivo. Foi envorcando o partido o Arenteiro, pero un golpe de Luís Chacón e unhas molestias musculares de Diego García pararon o encontro durante varios minutos. Afortunadamente para Javi Rey, os dous puideron continuar. O Arenteiro movíase ao ritmo que lle marcaba o seu mediocentro Vicente Esquerdo. Un cambio de orientacións seu foi o anticipo da ocasión de Piba

No segundo tempo, ao Arenteiro custoulle máis xerar xogo ofensivo. Javi Rey axitou o partido e moveu o banco. Xusto despois dun triplo troco chegou a acción do gol. O despexe tras o centro de Chacón foi defectuoso e Esquerdo recolleu o coiro para marcar cun excelente disparo no minuto 73 de partido.

Daquela tocou sufrir, como diante do Fuenlabrada pero, a diferenza dese día, ningún dos escasos achegamentos do rival rematou en gol. O Carballiño pode festexar xa o seu punto 17, marcando diferenza coa zona de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade