Cargando resultados...
Marcos Gallego: "Antes non sabiamos o que pasaba no mar, pero agora isto está cambiando"
Marcos Gallego: "Antes non sabiamos o que pasaba no mar, pero agora isto está cambiando"
Comeza en Outes a VI Mostra Internacional de Mares da Fin do Mundo
Nesta edición da mostra, a liña temática é a relación dos seres humanos cos mamíferos mariños
Matria, de Álvaro Gago, abre a mostra este mércores
Marcos Gallego, director da Mostra Internacional de Mares da Fin do Mundo
G24.gal
31/10/2023 14:54
Última actualización 02/11/2023 16:59
Mañá arranca en Outes a VI Mostra internacional de Mares da Fin do Mundo. Un festival de curtas documentais que co paso do tempo ampliou seccións con moitos contidos atractivos. 5 días nos que navegar por moitos mares.
A imaxe, obra do fotógrafo José María Picón, foi tomada durante a súa última viaxe a Húsavík (Islandia), coñecida por ser un importante centro de avistamento de cetáceos.
A Mostra quere afondar nas luces e sombras da relación dos humanos cos mamíferos mariños, moi presentes na programación desta edición.