Conta atrás para visitar a mostra de Helmut Newton na Coruña
Conta atrás para visitar a mostra de Helmut Newton na Coruña
A web xa está habitilitada para poder reservar visitas guiadas á exposición
A homenaxe á fotografía de moda que Marta Ortega comezou no 2021 continúa agora da man de Helmut Newton. A rebeldía e o inconformismo como armas artísticas coas que este fotógrafo alemán conseguiu cambiar a forma na que as mulleres eran retratadas nas grandes revistas de moda.
Estas imaxes son só un adianto do que se poderá ver na Coruña a partir do día 18, volvendo situar a cidade como unha das grandes citas culturais do ano.
A anterior exposición superou as 130.000 visitas. O sector hostaleiro xa se preparan para o que poida dar de si esta.
De feito, aqueles que veñan de fóra e queiran saber máis da cidade, xa poden visitar esta páxina web con versións en galego, inglés e castelán. Aquí teñen toda a información relativa a esta exposición. Se queren, poden reservar xa unha visita guiada ata o vindeiro mes de maio, que é cando está previsto que peche as súas portas.