Cargando resultados...
"Domingos" enche de escuma os centros de Baiona e da Guarda
"Domingos" enche de escuma os centros de Baiona e da Guarda
Na Guarda cortouse o acceso ao porto e ás praias
G24.gal
05/11/2023 14:48
Última actualización 05/11/2023 15:08
As últimas boqueadas da borrasca Domingos seguen deixando a súa pegada na costa sur de Pontevedra en forma dun mar de escuma nas áreas portuarias. Apenas se nota que o aviso na costa baixou a laranxa.
A imaxe é impresionante no porto guardés, as ondas baten no faro e no dique e chegan a terra desfeitas en escuma. Hai paseos e praias pechadas, pero son moitos os que se achegan para captar imaxes que semellan unha nevarada.
O mesmo ocorreu nas inmediacións da Palma en Baiona. Na costa sur da provincia de Pontevedra houbo ondas que superaron os dez metros.