O deporte é máis efectivo entre as sete e as nove da mañá

A Obesity Society monitorizou 5.285 persoas e tirou esas conclusións

G24.gal 19/11/2023 14:44 Última actualización 19/11/2023 17:10

O deporte é máis eficaz pola mañá entre as 7:00 e as 9:00 horas, segundo se tira dun estudo realizado pola Obesity Society, un organismo internacional que loita contra a obesidade e ten a súa sede nos Estados Unidos.

No estudo monitorizáronse un total de 5.285 persoas. As que facían deporte pola mañá presentaban un índice de masa corporal máis baixo e unha medida da cintura menor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade