Un cento de países comprométense a triplicar as enerxías revovables en 2030
Un cento de países comprométense a triplicar as enerxías revovables en 2030
Os Estados Unidos queren unha electricidade limpa de CO2 para 2035
Os Estados Unidos e outros seis países intégranse na alianza mundial contra o carbón como fonte de enerxía. A decisión foi comunicada este sábado no cumio sobre o clima que se celebra en Dubai.
O enviado especial norteamericano no cumio, John Kerry, foi o encargado de anunciar que os Estados Unidos abandonarán gradualmente o carbón como fonte de enerxía.
A decisión estadounidense foi apoiada, ata o momento, pola República Checa, Chipre, a República Dominicana, Islandia, Kosovo e Noruega. Kerry sinalou que o obxectivo é ter un cen por cento de electricidade sen emisións de CO2 en 2035.
Por outro lado, un total de 123 países asistentes ao cumio comprometéronse a triplicar a capacidade mundial de enerxías renovables para 2030.