A campaña de descontos do Black Friday afronta esta semana a súa recta final
A campaña de descontos do Black Friday afronta esta semana a súa recta final
Nas rúas máis comerciais de vilas e cidades levan días anunciando prezos con descontos, que van desde o 20 ata o 50 %. É o caso da zona Obelisco da Coruña. A conta atrás para o Black Friday está en marcha e hai quen aproveita para adiantar compras do Nadal.
Todo indica que os prezos afectados pola inflación van repercutir na previsión de gasto e consumo dos galegos.
Á marxe do nivel de vendas final nesta campaña, o propio sector do comercio recoñece o efecto dinamizador do Black Friday na actividade comercial. Isabel Porto, presidenta da Zona Comercial Obelisco, que representa máis de 100 negocios dos que a maioría son franquías, asegura sobre o Black Friday: "Para nós significa un número de vendas que se non fose por esta campaña non teriamos".
Un ano máis, as compras en liña captan grande interese. Entre o máis buscado repiten os produtos electrónicos.