Controis de Tráfico ás furgonetas, que reparten 4,5 millóns de envíos diarios polo Black Friday
Controis de Tráfico ás furgonetas, que reparten 4,5 millóns de envíos diarios polo Black Friday
O ano pasado subiron un 30 % as mortes en accidentes en que se viron involucradas furgonetas
Nesta semana do Black Friday vanse repartir en furgonetas máis de catro millóns e medio de compras en liña. Por iso a DXT aproveita para comprobar o estado destes vehículos, con controis especiais en toda España.
Controlan sobre todo a documentación e a distribución da carga, sen esquecer as probas de alcolemia ou as de drogas. Son controis en todo tipo de estradas, sobre todo convencionais, para reforzar a seguridade viaria. A maioría dos afectados cren que malia as présas paga a pena perder uns minutos polo ben da seguridade.
Porque en España, segundo a DXT, hai xa máis de dous millóns e medio de furgonetas. O ano pasado víronse involucradas en máis de 9.200 accidentes, con 220 falecidos. Unhas cifras preocupantes porque supoñen un aumento do sete por cento no número de sinistros e dun trinta por cento no de vítimas mortais.