Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía busca a persoa que borrou con pintura branca as zonas para servizos na rúa Palamios de Pontevedra

A policía busca a persoa que borrou con pintura branca as zonas para servizos na rúa Palamios de Pontevedra

Investigan se foi un bromista ou un cidadán enfadado porque non consegue aparcar

G24.gal 03/09/2024 22:10

A zona restrinxida para servizos na rúa Palamios de Pontevedra amenceu pintada de branco en lugar de amarelo.

Bromista ou vándalo, o caso é que alguén colleu hai uns días un bote de pintura branca e converteu esta zona en aparcadoiro libre. A policía xa está buscando o autor dos feitos.

A policía investiga se foi un bromista ou un cidadán enfadado porque non consegue aparcar. A escaseza de prazas de aparcadoiro e a reconversión das que había en zonas de carga e descarga puxeron en pé de guerra moitos veciños.

Outros quedan encantados desta solución temporal, porque poderán aparcar ata que se repoña o sinal e se repinte de novo.

En Pontevedra non hai zona azul e optouse por aparcadoiros disuasorios a prol dunha cidade pensada para os peóns. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade