Ciarán adiantou o frío e as primeiras neves da temporada no Cebreiro
Ciarán adiantou o frío e as primeiras neves da temporada no Cebreiro
A montaña de Lugo e de Ourense permanecen en aviso amarelo por neve
A montaña de Lugo e de Ourense permanecen en aviso amarelo por precipitacións de neve ata o mediodía do venres.
O Cebreiro non é o teito de Galicia pero si un bo indicador da chegada do frío. Este ano, a neve seica chegou antes de tempo a este alto de 1300 metros. Un atractivo máis para os turistas aos que lles gusta máis visitar estes lugares con este tempo, mesmo sendo máis duro para os peregrinos.
A neve e o frío sorprenderon os poucos visitantes que se achegaron este xoves. Hai escasas dúas horas apenas tiñan grao e medio de temperatura e para esta noite agardan máis frío. Sobrelévano como poden, con cafés, chemineas ou sen saír da casa. Algún visitante porén pensaba que ía ser peor.
Aínda que non é moita neve, a veciñanza do Cebreiro xa está afeita ao reclamo que ten e prepara os aloxamentos mentres agarda polos turistas porque no Cebreiro a primeira neve sempre é benvida.