Continúa a busca do home de noventa anos desaparecido en Porqueira

Hai 36 horas que desapareceu

Tamén falta o seu vehículo

G24.gal 18/11/2023 21:36 Última actualización 18/11/2023 21:56

Continúa a busca de Ramón Carrera, o home de 90 anos desaparecido en Porqueira. Un amplo dispositivo anda na procura dalgunha pista que leve canda el ou o seu vehículo, no que supoñen marchou onte ao mediodía. Os grupos de emerxencias da zona e ducias de voluntarios búscano sen descanso dende hai case 36 horas. 

O helicóptero da Garda Civil sobrevoaba esta tarde as zonas próximas a Filgueira a aldea na que reside Ramón. 

"Estiveron aquí na veiga, buscando aquí no canal".

"Faltaba desde onte".

Dende hai 36 horas búscano por aire, na auga e nas ducias de pistas que conforman a contorna da súa aldea de Porqueira. 

"Está o helicóptero, o GES de Muíños, 0 112 de Porqueira e de Xinzo, todos os veciños das aldeas darredor. O peor é esta inquedanza de non saber onde pode estar".

Ramón ten 90 anos. Ninguén se explica como é posible que case 36 horas despois da súa desaparición non haxa nin unha soa pista do seu paradoiro. O seu coche, un BMW de cor verde, tampouco está na casa. 

"Acostumaba ir a Xinzo facer a compra ou levar o coche o taller, ir buscar a auga a outra aldea a unha fonte. Tiña noventa anos, pero de saúde estaba en perfectas condicións", apunta Fausto González, Xefe de Protección Civil de Porqueira.

Dixeron velo en Sandiás, tamén no concello de Ourense pero ningunha destas pistas polo de agora resultou ser certa. 

"Xa se miraron as cámaras das autovías, todas as gasolineiras, todos os restaurantes de Xinzo, os supermercados, negocios e ninguén o viu. É case como se a terra o tragase, non só a el, senón a un coche", explica a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado.

Os veciños están moi preocupados, pero os ánimos non decaen. A busca reduciuse contra a noitiña pero retómase todo o operativo a primeira hora da mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos