Europa quere que o Cumio do Clima fixe datas para a fin dos combustibles fósiles
Europa quere que o Cumio do Clima fixe datas para a fin dos combustibles fósiles
A ministra Teresa Ribera cualifica de vago o documento consensuado ata o momento
A Unión Europea quere que do Cumio do Clima saia unha data clara sobre a fin dos combustibles fósiles no mundo. A posición comunitaria foi defendida en Dubai polo comisario de Acción Climática da Unión e pola representante da presidencia europea ata fin de ano, a ministra española para a Transición Ecolóxica.
A ministra española criticou as presións da OPEP
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, rexeitou diante do pleno da conferencia as dificultades que poñen ao acordo os países produtores de petróleo, agrupados na OPEP.
A UE esixe a fin dos combustibles fósiles para afrontar o cambio climático
Tanto a representante española coma o comisario europeo do sector din que o cumio de Dubai ten que fixar o comezo da fin dos combustibles fósiles, porque a ciencia demostrou que non hai outra alternativa para afrontar o cambio climático.
A delegación da Unión Europea cualificou de vago o texto acordado ata o momento
Os representantes comunitarios cualificaron de vago o texto consensuado ata o momento no Cumio do Clima de Dubai.
"A nosa batalla vai ser a dunha maior precisión, marcando datas, marcando porcentaxes, marcando a necesidade de comezar polo carbón, por novos investimentos. E creo que haberá unha oposición forte, é obvio, pero merece a pena dar a batalla", afirmou en Dubai a ministra española de Transición Ecolóxica.