Festival goleador de España, con catro goles na segunda parte diante de Suecia (5-3)

O partido, sen transcendencia para a clasificación, era o que pechaba a fase de grupos da Liga das Nacións

G24.gal 05/12/2023 21:21

España rematou a fase de grupos da Liga das Nacións, en que xa estaba clasificada para a final a catro, cunha vitoria por 5-3 diante de Suecia grazas a unha gran remonta cun festival goleador na segunda metade. Ao descanso chegou perdendo por 1-3 por mor dos erros defensivos, pero o equipo español refíxose nun recomezo cheo de bo fútbol e goles. 

Suecia adiantouse no primeiro minuto cun gol de Olme. Empatou Salma Paralluelo no minuto 10 e logo ampliou a vantaxe ata o 1-3 con goles de Asllani (14') e Backstenius (29'). España reaccionou no segundo tempo. Recortou diferenzas a ex-xogadora do Deportivo Athenea del Castillo (51') e nos últimos quince minutos pasoulle por riba a Suecia. Dous goles de Mariona Caldentey (78' e 89') e un de Fiamma (81') puxeron o definitivo 5-3. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos