O aviso laranxa por choiva deixa rexistros de 70 litros en Poio ou Boiro

En Bueu houbo refachos de ata 106 km/hora

G24.gal 07/12/2023 14:26

O aviso laranxa por choiva no litoral da Coruña e Pontevedra deixou rexistros de 70 litros por metro cadrado en Boiro ou Poio. Gañaron por pouco a Tui con 60 e aos clásicos Fornelos e Mondariz que roldaban os 50 antes de media mañá.

En localidades como Bueu houbo tamén ventada con rexistros de ata 106 km hora. Alí e en Marín suprimíronse os clásicos mercados dos xoves.

A frota apenas saíu hoxe e pouco peixe e marisco había nos mercados, outros xa non saíron pola ponte festiva.

Outros rexistros impactantes da xornada foron os 50 da localidade ourensá de Avión, onde non había aviso laranxa por choiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade