O temporal multiplica a venda de paraugas

Os paraugas resistentes ao vento son os máis solicitados

A xente protéxese da choiva en Santiago de Compostela
G24.gal 03/11/2023 12:56 Última actualización 03/11/2023 13:58

A tormenta Ciarán deixa moitas incidencias e prexudicados, mais dentro dos negativos sucesos atópase algún beneficiado: os vendedores de paraugas.

Coa chegada da explosiva borrasca estase multiplicando a compra de paraugas por parte da poboación. Debido aos fortes refachos de vento, cada vez son máis os que rompen e deben substituírse por outros novos. Por iso, os máis solicitados son aqueles que resisten os vendavais. Máis que paraugas, son escudos.

"En Santiago róubanse moitísimos paraugas e cando deixa de chover a xente pérdeos", comenta a comercial Cristina Tojo.

Tamén, saen ben parados os reparadores destes obxectos. Na praza de abastos está situada unha das "enfermerías", perfecta para aqueles que prefiren volver utilizar o seu paraugas antes que mercar un novo. 

O certo e que se prevé que sigan subindo as cifras de vendas, pois o tempo non deixa respiro. Esta fin de semana chega unha nova borrasca que durará ata o luns. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos