Polo menos seis feridos ao impactar un foguete na localidade expicia de Taba, fronteiriza con Israel

A cadea de televisión estatal exipcia Al Qahera News afirmou que cinco dos feridos xa abandonaron o hospital tras recibir tratamento

G24.gal 27/10/2023 08:34

Polo menos seis persoas foron feridas este venres ao impactar un foguete contra unha instalación médica na cidade exipcia de Taba, no Mar Verrmello, fronteiriza con Israel, no marco da guerra entre o grupo islamista palestino Hamas e o Estado xudeu, informaron diversas fontes.

Fontes de seguridade exipcias informaron a EFE en condición de anonimato que o foguete feriu seis persoas e tamén causou danos nun edificio residencial. Así mesmo, a cadea de televisión estatal exipcia Al Qahera News afirmou que cinco dos feridos xa abandonaron o hospital tras recibir tratamento, mentres que o sexto aínda está a ser atendido e atópase "estable".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade