Sánchez advirte que a dereita está sendo "devorada polos sectores máis ultras"

O líder do PSOE envíalles unha carta de apoio aos militantes socialistas

Acusa á dereita de complicidade cos ataques ás sedes "cos seus actos e co seu silencio"

Antón Montero 08/11/2023 20:37 Última actualización 08/11/2023 21:23

Pedro Sánchez envioulles unha carta aos militantes socialistas para trasladarlles o seu apoio e a súa solidariedade ante os actos de acoso ás sedes do partido.

O líder do PSOE cre que a dereita en España está sendo devorada polos sectores máis ultras e acúsaa de ser responsable dos ataques, "uns cos seus actos e outros co seu silencio".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade