Tensión entre A China e os EUA: Biden chama "ditador" a Xi

Non é a primeira vez que Joe Biden pronuncia esta acusación

Xi Jinpin e Joe Biden na reunión celebrada na mansión Filoli Xi Jinpin e Joe Biden na reunión celebrada na mansión Filoli
G24.gal 16/11/2023 10:36

A China mostrou o seu malestar logo de que Joe Biden, cando lle preguntou unha periodista se consideraba que Xi era un ditador, respondera: "Ben, mira, éo". 

Unha declaración que chega nunha conferencia de prensa celebrada tras reunirse ambos presidentes na mansión Filoli, en San Francisco. A reunión durou catro horas, e era a primeira nun ano.

"Esta afirmación é errónea e constitúe un acto político irresponsable. A China oponse firmemente a ela", dixo hoxe a portavoz de Exteriores, Mao Ning, nunha conferencia de prensa.

Non é a primeira vez que o presidente da China, Xi, recibe tal acusación por parte de Biden. Nunha recadación de fondos para a súa campaña de reelección de 2024, en xullo, Biden chamáballe ditador por primeira vez, o que tamén provocou un gran malestar en territorio asiático.

Na véspera da reunión, concretamente noutro evento de recadación de fondos en San Francisco, o presidente estadounidense afirmou que a China ten "problemas reais", sen especificar cales.

Os dous líderes veranse novamente esta semana, dentro do segmento de alto nivel da cumio do Foro de Cooperación Asia Pacífico (APEC).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade