Unha muller e o seu bebé sofren o ataque dun can de raza perigosa en Valga

A muller sufriu feridas nun brazo polo ataque, mentres que o bebé resultou ileso

Un membro da Protección Civil tamén foi atendido por unha lesión nun dedo

G24.gal 24/11/2023 17:19

Unha muller que estaba co seu bebé sofre feridas nun brazo ao ser atacada por un can de raza perigosa en Valga. O bebé resultou ileso, pero un membro de Protección Civil tamén tivo que ser atendido por unha lesión nun dedo.

O 112 informou pasadas as 11.20 horas deste venres da alerta dun particular que pediu a asistencia sanitaria para a muller na altura do quilómetro 90 da N-550, en Setecoros.

O servizo de emerxencias autonómico solicitou a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar