Aparece varada unha balea xuvenil na costa de Santa María de Oia

É un macho de alibranca de catro metros e medio

G24.gal 10/12/2023 14:02 Última actualización 10/12/2023 15:19

Un xubilado de Mougás  atopou este sábado unha balea xuvenil alibranca nos coídos da Punta dos Nais nas Mariñas. Axiña avisaron a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, CENMA, que confirmou que se trataba dun exemplar macho xuvenil da especie alibranca, moi habitual nas nosas costas.

Xa estaba nun estado avanzado de descomposición, polo que, malia as mostras que se tomaron, podería ser complexo saber as causas da súa morte.

Desde a CENMA din que é algo habitual. No Grove apareceu hai un mes e medio outro exemplar xuvenil e na costa de Santa María de Oia só neste mes foron dúas as baleas atopadas: a outra era unha femia adulta de oito metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar