Vieites, presidente da CEG : "A redución da xornada laboral de PSOE e Sumar non vai na dirección correcta"

O presidente da patronal galega cualifica coma "establesos orzamentos da Xunta para 2024, pero recoñece que agardaban máis medidas fiscais

G24.gal 28/10/2023 11:01

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia -CEG-, Juan Manuel Vieites, critica na Radio Galega a proposta de redución da xornada laboral incluída por PSOE e Sumar no seu acordo de futuro Goberno.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana, Vieites agoira que terá que aprobarse "por lei" ao non ser froito do diálogo social. O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia considera que medidas deste tipo, sen consensuar, prexudicarán a "competividade das empresas". 

Ademais, Vieites non desbota deslocalizacións de empresas, á luz das declaracións de varios directivos de firmas importantes, se se apostan por medidas fiscais que cualifica de "ocorrencias" como variar o tipo mínimo do imposto de sociedades e o mantemento de impostos extraordinarios á banca e enerxéticas.

"Penso que non van na dirección correcta, creo que vai prexudica tanto á contratación laboral como o que é o mercado de traballo e realmente a competitividade das propias empresas". 

Orzamentos da Xunta

O presidente da patronal galega tamén valou a proposta de orzamentos da Xunta para 2024, que está en proceso de tramitación no Parlamento galego de cara á súa aprobación.

Na conversa, Vieites dixo que "van na boa dirección", malia recoñecer que dende o punto de vista da Confederación de Empresarios de Galicia "esperabamos algunha cousa máis relacionada coa fiscalidade, sobre todo en patrimonio, doazóns e sucesións, etc..., pero entendemos que é imprescindible aliviar a presión fiscal que soportan no só as empresas senón tamén a poboación en xeral".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade