Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álvaro Muñoz "Vivimos e morremos cos triples; faltou acerto"

Álvaro Muñoz "Vivimos e morremos cos triples; faltou acerto"

O xogador obradoirista analiza as causas da derrota en Miribilla

G24.gal 14/11/2021 15:22

Tras un moi bo primeiro cuarto, que auguraba un  resultado positivo para o  conxunto dirixido por Moncho Fernández, o Bilbao Básquet foi quen de recuperarse e finalmente deixar a vitoria na casa. Ao remate do partido Alfonso Pardo conversou con varios xogadores obradoiristas, entre eles o aleiro Álvaro Muñoz.

"Creo que fixemos un moi bo partido, serio, pero faltounos acerto. Vivimos e morremos cos triplos e iso foi o que aconteceu, comenzando por min, que estiven horrible, tiros cómodos que non entran e que poderían facernos irnos máis tranquilos ao descanso. Cando perdoas as canastras fáciles, logo lembras as perdas, os erros cando o resultado está moi axustado"

Álvaro Muñoz quere pensar xa no futuro dun equipo moi mermado físicamente.

"Non podemos quedarnos con iso, tódolos equipos teñen lesións, pero o certo é que nos está afectando. Temos que mirar para a seguinte xornada, contra Zaragoza, e tentar volver gañar"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos