Última reunión para negociar o ere que afecta os 115 traballadores de Vestas
Última reunión para negociar o ere que afecta os 115 traballadores de Vestas
Os traballadores non perden a esperanza e confían en que a empresa recúe
Na última mesa industrial informóuselles de que hai unha nova empresa interesada en adquirir a fábrica
Día decisivo para os traballadores de Vestas; este luns remata o período de consultas do ERE. Os traballadores agardan que a empresa ceda e amplíe ese período.
Os traballadores non perden a esperanza e confían en que a empresa recúe e permita ampliar o período de consultas do ere ata finais de ano, cando a multinacional ten previsto parar a actividade na planta de Viveiro.
Son horas de moita tensión para os 115 traballadores da fábrica de aeroxeradores. Ás catro será esa última reunión. Na última mesa industrial informóuselles de que hai unha nova empresa interesada en adquirir a fábrica, polo cal xa serían nove os potenciais compradores.
Isto dálles folgos aos traballadores, que piden esa prórroga porque cren que si hai unha alternativa ao peche.