Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xuízo do Alvia: "O que me axuda é loitar pola xustiza e irllo contar ao meu fillo ao cemiterio"

Xuízo do Alvia: "O que me axuda é loitar pola xustiza e irllo contar ao meu fillo ao cemiterio"

Os familiares das vítimas do Alvia poñen en valor no xuízo os dez anos de reivindicacións da plataforma 

G24.gal 30/03/2023 14:42

Proseguen as comparecencias do longo xuízo do accidente do Alvia para a avaliación dos danos e as correspondentes compensacións para as vítimas

Na sesión deste xoves algúns familiares volveron poñer de manifesto que a loita pola verdade e a xustiza é o único que verdadeiramente lles axuda a afrontar a dor, tal como expresou o pai dun tripulante de cabina do tren, falecido no descarrilamento.

"Eu ao principio fun a unha psicóloga, pero estiven pouco tempo. A min o que me axudou é a loita dos dez anos que levamos", explicaba Rogelio Bernardo Brotón.

"Para min valeu moito colaborar coa xustiza presentando documentos que outras institucións tardaban en presentar e por iso eu vou ver ao meu fillo todos os sábados ao cemiterio e coméntollo e a verdade é que me relaxa falar con el da nosa loita", dixo na vista oral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade