Cargando resultados...
"A Radio Conta", as emisoras da Coruña únense pola sáude mental
"A Radio Conta", as emisoras da Coruña únense pola sáude mental
Unha homenaxe á radio máis próxima dedicada aos enfermos mentais da Coruña
G24.gal
26/12/2021 20:20
As radios da Coruña volvéronse unir esta tarde pola saúde mental nunha nova edición, e xa van nove, do programa solidario "A Radio Conta".
Cambiou o formato por mor da pandemia, e en vez de facerse desde o Teatro Rosalía de Castro, e con público, tivo que trasladarse aos estudios das emisoras participantes. Unha trintena de persoas das principais radios coruñesas fixeron posible unha vez máis este programa que contou coa participación de Touriñán, do Coro Xove da Sinfónica de Galicia, Lucía Pérez ou as Tanxugueiras.
Unha homenaxe á radio máis próxima, dedicada este ano á Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña.