A rapazada de Ames activa o 'modo galego'
A rapazada de Ames activa o 'modo galego'
A RAG e o concello de Ames poñen en marcha unha iniciativa de inmersión lingüística
Participan tres mil nenos e nenas de educación infantil, profesorado e familias
A iniciativa é unha resposta á perda de galegofalantes no sistema escolar
O proxecto Modo galego, actívao! é unha experiencia de inmersión lingüística promovida pola Real Academia Galega e o concello de Ames. Participan uns tres mil nenos e nenas que cursan primaria ou o segundo ciclo de educación infantil.
A iniciativa promove actividades para normalizar o uso do idioma no día a día nas escolas, pero tamén nas actividades extraescolares e tempo de lecer.
Nas análises sociolingüísticas realizadas en Ames nos últimos anos detectouse unha importante perda de falantes iniciais de galego tras o ingreso no sistema escolar.
O Diario Cultural da Radio Galega visitou o CEIP Barouta de Ames para coñecer o desenvolvemento do programa a través das voces da rapazada, do académico Henrique Monteagudo, da concelleira Escarlata Pampín e dos mestres Paula Casal e Alonso Caxade.