Cargando resultados...
Gallego Común: "Nestes tempos facer música pouco sofisticada é un suicidio"
Gallego Común: "Nestes tempos facer música pouco sofisticada é un suicidio"
Gallego Común celebran a fin de xira este venres na Fábrica de Chocolate de Vigo
Cantan aos xuíces estrela, aos fodechinchos e aos falabarato
Punk rock de humor corrosivo que non deixa monicreque con cabeza
G24.gal
05/10/2023 15:26
Última actualización 05/10/2023 17:45
Gallego Común podería ser unha descrición zoolóxica dunha especie en perigo de extinción ou unha gramatica elemental dos anos 60. Pero ademais é un grupo de punk rock que fai bandeira do humor más corrosivo e que naceu ao pé da ponte de Rande, na parroquia de Domaio. Chéganos do seu forno musical o seu primeiro disco: Podía ser peor, música para tempos confusos e precarios.