Publicador de contidos
Publicador de contidos

As futbolistas insisten: "A RFEF non se atopa en disposición de esixirnos ir á convocatoria"

As futbolistas insisten: "A RFEF non se atopa en disposición de esixirnos ir á convocatoria"

Continúa a lea no fútbol feminino, e o grupo de xogadoras internacionais responde á convocatoria feita horas antes por Montse Tomé

G24.gal 18/09/2023 22:27

Novo capítulo na guerra de comunicados entre a RFEF e as xogadoras da selección. Montse Tomé facilitou unha lista en que se incluían 15 xogadoras campioas do último mundial e 19 delas que asinaran o documento polo cal pedían non ser seleccionadas ata que houbese unha serie de cambios na Federación Española. 

A resposta das xogadoras non se fixo agardar e a última hora da noite redactaron un comunicado en que expresaban a súa intención firme de "non ser convocadas", aseguraban que "non se lle transmitiu nada diferente a ninguén da RFEF" e que estudarían as consecuencias legais que pode supoñer non presentarse á cita. Tamén quixeron resaltar que a convocatoria de Tomé foi feita fóra de prazo. Por tanto: "A RFEF non se atopa en disposición de obrigarnos a acudir". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos