O festival Curtocircuíto segue explorando novas linguaxes audiovisuais na súa 21ª edición
O festival Curtocircuíto segue explorando novas linguaxes audiovisuais na súa 21ª edición
O cineasta ferrolán Alberto Gracia é o protagonista da sección 'Terra'
A creadora madrileña Laura Moreno Bueno compite coa súa peza 'Ulía'
Curtocircuíto segue explorando novas linguaxes e voces audiovisuais na súa 21ª edición. Ata o domingo 6 de outubro o Teatro Principal de Santiago e a sala Capitol acollen proxeccións, charlas e espectáculos ao vivo. O festival expande a súa programación alén do cine, ata a arte sonora, as artes visuais, a ciencia ou o pensamento.
O 'Diario cultural' da Radio Galega conversou con dous dos cineastas que participan nesta edición de Curtocircuíto. O ferrolán Alberto Gracia, director de filmes como 'O quinto evanxeo de Gaspar Hauser' e 'La parra', protagoniza a sección 'Terra'. A creadora madrileña Laura Moreno Bueno compite na sección oficial Cosmos coa súa peza 'Ulía'.