Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abe Rábade: "A nosa proposta no escenario é que a cor non é homoxénea, é infinita cara a dentro"

Abe Rábade: "A nosa proposta no escenario é que a cor non é homoxénea, é infinita cara a dentro"

'Tempo de cor', editado polo selo Karonte, é un disco temático sobre a psicoloxía da cor. Un xogo sinestésico que combina son e imaxe mental

Sete cancións orixinais inspiradas no poder evocador do vermello, o laranxa, o amarelo, o verde, o azul, o morado e o branco 

Beatriz Sáa elaborou unha base pictórica que acompaña a obra na súa versión de gravación física, en soporte virtual e en escena

G24.gal 03/12/2024 14:49 Última actualización 03/12/2024 16:28

'En cada cor baila a nosa luz agarrada á nosa sombra'. Así presenta Abe Rábade o seu novo disco: 'Tempo de cor'. Un xogo sinestésico que combina o son e imaxe mental. 

Un traballo en que o acompañan Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería e que quere ser unha paisaxe sonora, un xogo, un convite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade