Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abril, Michu da Rosa e O Portughés, nas músicas de Marta Gómez

Abril, Michu da Rosa e O Portughés, nas músicas de Marta Gómez

Michu da Rosa, funk ácido que fala do cotián

Abril homenaxea as amigas cun vídeo 'Arredor da mesa'

O Portughés, vivencias dun mozo no rural en 'Reportes dende a aldea'

G24.gal 02/12/2024 14:52 Última actualización 02/12/2024 16:43

O Portughés presenta o segundo sinxelo do seu disco 'A caída da antorcha humana'. É un tema que ofrece unha visión contemporánea da vida e aspiracións dun mozo nunha aldea do século XXI.

Michu da Rosa, tras participar en múltiples proxectos musicais, embárcase coa súa banda nun proxecto de rock de autor, con cachondeo e humor. A tarxeta de presentación é un tema no que fala do desexo sexual.

Abril adiantan o que será parte do seu primeiro disco. "Arredor da mesa" é unha adaptación dunha muiñeira recollida en Caroi con letra de Petra Iglesias e Claudia Abril que fala dos coidados e das amizades como motor do mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade