Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adolescencia, dó e cambio climático: 'Sica' estréase en 25 cines galegos

Adolescencia, dó e cambio climático: 'Sica' estréase en 25 cines galegos

Rodada na Costa da Morte, protagonízaa Thais García, unha moza de Cabana de Bergantiños

Esta produción galego-catalá participada pola TVG competiu nos festivais de Berlín e Málaga

A directora Carla Subirana presenta o filme esta fin de semana en Vigo e Santiago 

G24.gal 19/05/2023 13:25 Última actualización 20/05/2023 12:00

'Sica' conta a historia dunha adolescente da Costa da Morte que perde a seu pai nun naufraxio. A paisaxe visual e sonora da comarca ten un gran protagonismo no filme, que é tamén unha chamada de atención ante a crise climática. 

O elenco está encabezado pola actriz catalá Núria Prims e por tres intérpretes adolescentes debutantes: a cabanesa Thais García Blanco, que interpreta a Sica, o carballés Marco Antonio Florido e a vimiancesa María Villaverde. 

Coproducida pola produtora catalá e a galega Miramemira, en 'Sica' conviven o galego e o catalán e estréase en toda España con 50 copias en versión orixinal. 

A directora Carla Subirana e as protagonistas da película pasaron polo Diario cultural da Radio Galega para falaren desta fábula sobre o paso á vida adulta. 

A directora Carla Subirana e Thais García, na rodaxe de Sica A directora Carla Subirana e Thais García, na rodaxe de Sica
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade